Saturday 18 de May de 2024

Ordes prende o seu sistema de iluminación de Nadal


A partir da vindeira semana colocarase nas demais parroquias do municipio. Instalaranse sobre todo arcos de baixo consumo e luces led

Nas rúas de Ordes repírase xa o Nadal. En gran parte é grazas á iluminación que dende a pasada noite xa se prendeu nos prinicipais puntos do seu casco urbano. Tamén nalgúns edificios públicos destacados, como é o caso do mesmo Concello. Centos de bombillas e puntos de luz manteranse encendidas durante as vindeiras datas, e así ata que pase a festividade de Reis. Co fin de reducir o consumo o máximo posible instalaranse na maior parte dos casos arcos de baixo consumo, fíos e sistemas de leds.
Segundo informa a empresa encargada a partir da vindeira semana empezaranse a instalar as luces en cada unha das parroquias do concello. Neste caso o lugar escollido son as rúas ou prazas principais, que habitualmente están preto das igrexas.